Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático vía Zoom.

Neste taller exploraremos as estratexias máis efectivas de márketing dixital en TikTok e como esta plataforma funciona para as empresas no 2024. Analizaremos dous enfoques crave: as accións orgánicas, como a creación de vídeos sen custo, e as accións de pago, que inclúen os anuncios publicitarios e os filtros de marca. 
Tamén aprenderemos como aproveitar ao máximo a plataforma publicitaria TikTok for Business, que se está consolidando como unha ferramenta cada vez máis potente no mundo dixital.

Índice de contidos: 
1. Que é TikTok e cales son as súas funcións?
2. Estratexias para accións orgánicas.
3. Creación dunha conta de empresa.
4. Optimización do perfil 
5. Accións de publicidade en TikTok.
6. Exemplos prácticos
7. Ferramentas gratuítas para editar TikToks.

O taller será dirixido por Alejandra Guillermo, Licenciada en Marketing e Publicidade cun Máster en Dirección de Empresas. Ademais, conta con ampla experiencia na creación de contido para redes sociais.